Disney podería ingresar 48 millóns de euros dun seguro pola morte de Carrie Fisher

A tecnoloxía dixital resucitará tamén a Princesa Leia?

A actriz xa filmara as escenas do Episodio VIII, a estrear en decembro de 2017. Especúlase con que a produtora utilice técnicas dixitais para a manter "viva" no que fica de triloxía.

carrie
photo_camera Carrie Fisher, no Episodio VII

Segundo unha información divulgada pola publicación especializada Insurance Insider, Disney -titular dos dereitos da sala galáctica após terllos mercado a George Lucas- tería suscrito unha poliza multimillonaria con compañías de seguros para se precaver da hipótese de a actriz Carrie Fisher non estar en condicións de completar a terceira triloxía de Star Wars.

Fisher morreu o 27 de decembro nun hospital de Los Ángeles catro días após ter sofrido un infarto.

Disney podería agora receber unha indemnización por volta dos 48 millóns de euros, sendo que previsibelmente alegará que, coa desaparición da estrela, se verá obrigado a introducir mudanzas na trama dos filmes segundo e terceiro da nova triloxía galáctica.

En todo caso, sempre fica aberta a vía de utilizar a tecnoloxía CGI (siglas inglesas para designar a Imaxe Criada por Computadores) para resucitar a actriz na pantalla, tal e como acontece co actor Peter Cushing, morto en 1994 e volto á vida dixital en Rogue One, o spin off da saga actualmente en cartaz.

Comentarios