Martínez-Lázaro afirma que os dous males do mundo son “as igrexas e o nacionalismo”

Emilio Martínez-Lázaro, o director de 'Ocho apellidos vascos' e da súa secuela catalana, vén de afirmar nunha entrevista en El Mundo que “hai dous males no mundo desde hai moitos séculos: un son as igrexas e outro é o nacionalismo”.

ochoapellidos
photo_camera Imaxe de 'Ocho apellidos catalanes'

O director madrileño non evita meterse na lea política ao falar das diferencias “rexionais” na entrevista de El Mundo: “En Euskadi e Cataluña van moito máis alá e hai elementos como o tiro na caluga ou a independencia que o condicionan todo”. 

Martínez-Lázaro, que vén de triunfar en taquilla con estas dúas comedias, non dubida en definir a súa idea de España: “Eu teño claro que España é España e que iso inclúe a Cataluña e o País vasco, pero coidado, non o vexo como Rajoy. Creo que hai que falalo, discutilo e, ao final, facer un referendo”. 

Sen embargo, pregúntase “que é iso da patria” e di “falamos de España como se tivera que ser algo. Os países son un territorio delimitado onde vive a xente dentro. Punto”. E aventura unha posible teoría sobre as tribulacións identitarias hispanas: “O problema é que a dereita apropiouse da bandeira española das dúas cores, porque a esquerda é estúpida. A esquerda non sabe traballar en política, só sabe facelo en ideas”.

Comentarios