Os Diplomáticos volven ao Festival de Poesía do Condado

Todas as artes estarán presentes na 31ª edición do Festival de Poesía do Condado, que terá como protagonista o río MIño que separa ambas as dúas beiras: recitais poéticos, teatro, proxección de audiovisuais,  concertos e máis. 

condado
photo_camera Imaxe dunha edición anterior

O 1 e 2 de setembro Salvaterra de Miño volverá acoller un Festival de Poesía que, no apartado literario, acollerá escritores como Fran Alonso, Palmira V. Mendes, Marga Tojo, Vítor Vaqueiro, Charo Lopes, Francisco Fernández Naval, Miriam Ferradáns, Rebeca Baceiredo, Lorena Conde e Marilar Alexandre.

No eido musical, haberá concertos na sexta feira de Branta, Coro Fuscalheiro, Baleia Baleia Baleiae Bigote Mix. E o sábado haberá pasarrúas con Ronco Fol, sesión vermú con Leo Arremecághona; festa infantil pola tarde con Brinca Vai; e xa para o remate, concertos de De Outra Margem, grupo da raia que aborda repertorios a ambos os dous lados do Miño; a banda pop Esposa; Sacha na Horta e Os Diplomáticos de Montealgo, que regresan ao festival 27 anos despois. 

Ademais haberá exposicións, desta volta protagonizadas por tres ilustradoras: a galega Nuria
Figueiredo e as portuguesas Clara Não e Mariana Malhao. Ademais, a associación
cultural Lazoiro, tamén sediada en Salvaterra, prepara umha mostra fotográfica sobre o
Minho. Asemade, tamén haberá proxección de audiovisuais, actuación de Limiar Teatro e un Aberto de Billarda para os/as afeccionadas dos deportes tradicionais. 
 

Comentarios