Que facer?

O Día de Rosalía abre a finde en Compostela e Titerentroido pon o ramo o domingo en Lalín

  • Sexta feira

 

Actos do Día de Rosalía de Castro

Santiago de Compostela

Alameda e Hostal dos Reis Católicos

11.00h

Ofrenda floral e posterior concerto con Carapaus e Ialma para festexar o día de Rosalía de Castro polo 180 aniversario do seu nacemento. 

Actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, visando institucionalizar este día como o Día de Rosalía:

Friol

18.30 h. 

Centro Socio Cultural de Friol. Colaboran o concello de Friol, a A.C. Xesta Verde e a Asociación de Recreación Históricva Castronela.

Vigo

18.45 h.

Na imprensa de Juan Compañel (Rúa Real, número 12) e no Centro Cívico (Rúa Oliva, número 12). Haberá unha oferenda floral na impresna e un percorrido até o centro cívico, con leitura pública da obra da poeta nacional. Organiza a A.C. O Castro e colabora o concello.

A Coruña

19 h.

Biblioteca Municipal Ágora (Lugar da Gramela, número 17). Colaboran biblioteca e concello.

Vilalba

20 h

Casa da Cultura. Colaboran concello e Culturalia GZ.

Contos con descontos

Pontevedra

Biblioteca Pública Antonio Odriozola

Espectáculo de narración oral para crianzas de tres anos en diante. Contos contados para xogar, rir, escoitar e sentir. 

  • Sábado

 

Concerto pola liberdade e a rebeldía

Santiago de Compostela

Sala Malatesta

21.30h

Con finalidade solidaria, rock, punk e ska con Trapallada, Cor Fort, Nucleo Terco e C4 desde o Alentejo, que veñen para presentar o seu novo disco. 

Festival Taíña

Tomiño 

Praza de Goián

23.00h

O evento musical nesta edición contará coa actuación dos grupos Sonido Vegetal, Falsa Monea, A Compañía do Ruido e Chukchuy.

Ialma ao vivo

Santiago de Compostela

Sala Riquela 

21.00h

Concerto presentación do seu novo disco, o quinto álbum do grupo de pandeireteiras galego-belgas, titulado Camiño. ‘De Bruxelas a Santiago’.

  • Domingo

 

O aloumiño dunha estrela

A Coruña

Centro Ágora

11.30h

Espectáculo infantil a cargo da compañía galega AvoaYouja. Trátase dunha proposta escénica destinada a un público infantil de 0 a 4 anos. Un espectáculo divertido que combina na súa posta en escena danza e teatro con música en directo.

Titerentroido 2017

Lalín

Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa

18.00h

Tanxarina Títeres pecha este festival coa posta en escena de “As bombas e o xeneral”, a historia dun xeneral frustrado que quere organizar unha guerra. 

  • Toda a finde

 

Espello Negro de Rita Magalhães

A Coruña 

Galería Vilaseco 

Até o 28 de febreiro

Rita Magalhães, artista portuguesa, volta á galería Vilaseco para mostrarnos unha exposición de pintora, mais a través da fotografía cargada de referencias clásicas. 

Davila. A retranca dun país

Pontevedra

Pazo provincial

Até o 4 de marzo

A mostra ofrécenos un percorrido polas viñetas de máis éxito do humorista e deseñador gráfico galego. Trátase dunha selección de 72 viñetas sobre os seus temas máis habituais e coa súa xa tradicional retranca: matriarcado, furanchos, pescadores, marcos das leiras...

Comentarios