1 de abril

Día da Mentira, dos Enganos ou das Petas

Día da Mentira, Día dos Enganos ou Día das Petas, que de todas estas maneiras é coñecida por Galiza adiante, é a xornada en que “van os burros onde non deben de ir”. O 1 de abril celébrase na Galiza, en Portugal, no Reino Unido, en Menorca, en Italia, en Francia ou en Bélxica.
 

burra

Como adoita suceder coas tradicións, non está clara a súa orixe. Pero a máis asentada das versións relaciónaa con Francia, século XVI, cando o Aninovo era o 25 de marzo, data de inicio da primavera. As festas duraban daquela unha semana e remataban o 1 de abril. A adopción do calendario gregoriano en 1564 fixo que o rei Carlos IX do país ao norte dos Pirineos.

Houbo francesas e franceses que se resistiron ao cambio e sosteron a apertura do ano o 1 de abril. Isto provocou a xeral rexouba. As burlas e ridiculizacións fixéronse regra. As brincadeiras pasaron a se coñecer como plaisentaires. O costume estendeuse e o mesmo Otero Pedrayo consigna en Historia de Galiza (1973) que o 1 de abril é o día das bromas e trampas.

“Dar noticias falsas para enviar as persoas onde non deben ir e outro tipo de brincadeiras”, resume a entrad da Galipedia. O Día dos Enganos na Galiza rexorde aos poucos, revive, malia a presión do 28 de decembro -a tradición española do Día dos Inocentes-.

Empresas, xornais, persoas de todo o mundo conmemoran a data e algunhas das bromas chegaron a se facer célebres.

Comentarios