Andrés Goteira

"En Dhogs quixen arriscar o máximo, pensaba que ía ser o meu único filme"

Desde hai unhas semanas, nas carteleiras dos cinemas galegos hai un intruso. Chámase Dhogs. O seu director, Andrés Goteira, conta esta singular viaxe, das curtametraxes amadoras ás pantallas comerciais nunha entrevista publicada no número 298 de Sermos Galiza.

5
photo_camera [Imaxe: Cedida] Andrés Goteira

2Como se involucraron actores e actrices de tanto relevo?

Naquela época de ir armando o proxecto, de ir armando equipo, facendo o crowdfunding, de chamar polas subvencións da Deputación de Lugo ou de Agadic, buscabamos o reparto que eu imaxinaba. Fómolo conseguindo. Foi unha época bonita aquela de ir chamando por estes cracs.

Ademais, Dhogs coincidiu cun intre en que intérpretes como Carlos Blanco ou Morris están dando un salto de repercusión.

Si, todo isto de Fariña axudounos moito. Eles estaban moi a favor do filme e axudáronnos moito. Foi espectacular rodar con eles. Puxéronmo moi doado. Eu non dirixira actores nin actrices, e esta experiencia xeroume moitas ganas de volver rodar con eles.

No filme ecoan numerosos xéneros: o thriller, a ciencia ficción, o western... Que achegan á linguaxe cinematográfica?

Fun un pouco deixándome levar. Estaba escribindo o guión e non estaba pensando en xéneros. Pensaba o que a historia dá de si. Pero cando estás rodando, todo o imaxinario cinematográfico empeza a estoupar dentro do cerebro e saen referentes deste tipo, daquel outro. Pero non porque tivese na cabeza facer “un filme multixénero que pase por aquí e por alá” . Quería facer un filme multicapa e resulta que che pode saír pola ciencia ficción, polo western, polo surrealismo... Inflúen os referentes que tes. Pero dentro de que eu quería facer algo coherente. E a liña visual e sonora é coherente. E ademais quería arriscar o máximo, porque pensaba que ía ser o meu único filme. Cumprir o meu soño e pouco máis. Polo tanto, non lle tiña medo a ningún xénero.

[Podes ler a entrevista íntegra no número 298 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios