Os dez mellores filmes de 2015 

O noso crítico de referencia, Andrés Castro, fíxonos unha listaxe das dez mellores fitas que puidemos ver no cinema neste 2015. E, como el di, “non son todas as que son, pero si que son todas as que están..."

frankenstein
photo_camera Frankenstein-04155

- Frankenstein-04155: Estamos ante un filme valente, áxil e con gran sentido da responsabilidade.

- El Desconocido: Un gran filme de acción onde hai cabida para o drama, a intriga e a denuncia sobre un dos temas máis controvertidos dos últimos anos e que Dani de la Torre rescata dunha maneira moi intelixente para que endexamais se esqueza.

- The Assassin: Cada plano e composición desprende unha elegancia e beleza fora do común. Preciosas imaxes baixo unha dirección soberbia e delicada ao compás da minimalista banda sonora de Lim Giong.

- Phoenix: Un deses filmes que paga a pena ir descubrindo paseniño segundo se nos van revelando os feitos que nos levan da man ate un clímax final que é, sen exaxerar, para enmarcar.

- A canción do mar: Rompe cos convencionalismos da Pixar, Disney e Dreamworks para apostar por un cine que queda na retina e no corazón. Unha auténtica delicia visual e narrativa desas que quitan de golpe todos os prexuízos que se poidan ter sobre os debuxos animados. 

- Mad Max. Furia na estrada: A película non ten desperdicio. Profusa de principio a fin, pero tamén unha gozada para os sentidos. Case se pode ulir o cheiro a gasolina e o sentir a calor do lume.... Acción sen respiro, personaxes grotescas, humor negro, xiros de guión e algunha que outra sorpresa para manternos pegados á butaca as dúas horas de duración, e con ganas de máis.

- CitizenFour: un documental de obrigado visionado para coñecer o mundo en que vivimos e indispensable para quen guste de teorías de conspiración... aínda que neste caso sexan temas probados.

- Eu, el e Raquel: Estamos ante un filme indie certamente atípico xa que tenta fuxir de todos os tópicos que acompañan desde hai anos ao xénero. Unha película sobre a amizade, o futuro, as inquedanzas adolescentes e, claro, a enfermidade terminal.

- It follows: Filme de terror de adolescentes na onda retro do xénero dos oitenta. Non apta para mentes suxestionábeis.

- Sils Maria: Infinidade de capas que afondan na natureza humana, a madurez fronte á xuventude, o autengano ou a aceptación do inevitábel. 

Comentarios