- Frankenstein-04155: Estamos ante un filme valente, áxil e con gran sentido da responsabilidade.
- El Desconocido: Un gran filme de acción onde hai cabida para o drama, a intriga e a denuncia sobre un dos temas máis controvertidos dos últimos anos e que Dani de la Torre rescata dunha maneira moi intelixente para que endexamais se esqueza.
- The Assassin: Cada plano e composición desprende unha elegancia e beleza fora do común. Preciosas imaxes baixo unha dirección soberbia e delicada ao compás da minimalista banda sonora de Lim Giong.
- Phoenix: Un deses filmes que paga a pena ir descubrindo paseniño segundo se nos van revelando os feitos que nos levan da man ate un clímax final que é, sen exaxerar, para enmarcar.
- A canción do mar: Rompe cos convencionalismos da Pixar, Disney e Dreamworks para apostar por un cine que queda na retina e no corazón. Unha auténtica delicia visual e narrativa desas que quitan de golpe todos os prexuízos que se poidan ter sobre os debuxos animados.
- Mad Max. Furia na estrada: A película non ten desperdicio. Profusa de principio a fin, pero tamén unha gozada para os sentidos. Case se pode ulir o cheiro a gasolina e o sentir a calor do lume.... Acción sen respiro, personaxes grotescas, humor negro, xiros de guión e algunha que outra sorpresa para manternos pegados á butaca as dúas horas de duración, e con ganas de máis.
- CitizenFour: un documental de obrigado visionado para coñecer o mundo en que vivimos e indispensable para quen guste de teorías de conspiración... aínda que neste caso sexan temas probados.
- Eu, el e Raquel: Estamos ante un filme indie certamente atípico xa que tenta fuxir de todos os tópicos que acompañan desde hai anos ao xénero. Unha película sobre a amizade, o futuro, as inquedanzas adolescentes e, claro, a enfermidade terminal.
- It follows: Filme de terror de adolescentes na onda retro do xénero dos oitenta. Non apta para mentes suxestionábeis.
- Sils Maria: Infinidade de capas que afondan na natureza humana, a madurez fronte á xuventude, o autengano ou a aceptación do inevitábel.