MÚSICA

A destemida aventura de Mercedes Peón

Ningún límite parece deter Mercedes Peón. A súa traxectoria musical, sintetizada en cinco traballos, é unha exploración continua do que hai máis alá, a dicir de críticos e colegas. O seu novo traballo confirma a virada electrónica do seu discurso. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 297.

[Wikipedia] Mercedes Peón
photo_camera [Wikipedia] Mercedes Peón

A primeira canción do último disco de Mercedes Peón (Oza dos Ríos, 1967) é impactante. A unha percusión metálica, que evoca a época posterior ao punk en que todo estaba permitido, súmanse pandeiretas batidas con violencia. E irrompen guitarras eléctricas con enerxía bruta, desatada. O videoclip de Déixaas rexistrouse no estaleiro Navantia de Ferrol e, canda a autora, aparecen Ana Fernández e Mónica de Nut. Peón avanza. Máis alá.

Déixaas (Altafonte, 2018) é tamén o título do seu quinto traballo, o que, oito anos logo, dá continuidade á ruptura iniciada en Sós (Do Fol, 2010). “Aquel disco era vangarda pura. Levaba a termo a manipulación de gravacións de sons urbanos, mesturados con electrónica e música tradicional”, describe o crítico ferrolán Fernando Fernández Rego, sinatura habitual na revista catalá Rockdelux, “en Déixaas supérase e entrega un disco imprescindíbel”. Rego percibe na obra máis recente de Mercedes Peón varias liñas de contido que “consolidan o que viña facendo nos últimos anos: identidade, pertenza, análise sociopolítica”. 

[Podes ler a peza íntegra no número 297 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios