'El Desconocido' obtén 8 nominacións aos Goya, e Dygra, outra

A fita de Vaca Films dirixida polo monfortino Dani de la Torre é finalista en oito categorías, entre ellas a de mellor director novel e mellor actor protagonista (Luís Tosar). A outra representación galega é o filme de animación de Dygra, 'Noche de paz? Holy night'. 

El Desconocido
photo_camera El Desconocido

O thriller rodado nas rúas da Coruña obtivo 8 nominacións aos Premios Goya da Academia de Cine Español, sendo o terceiro filme con máis presenza por detrás de 'La novia' de Paula Ortiz, con doce; e 'Nadie quiere la noche', de Isabel Coixet. Estas tres fitas son as favoritas para a 30 edición destes galardóns que se celebrarán o vindeiro 6 de febreiro. 

O propio director Dani de la Torre é candidato á mellor dirección novel; o tamén director Jorge Coira opta á mellor montaxe; Luís Tosar ao mellor actor protagonista; Alberto Marini ao mellor guión orixinal; e Elvira Mínguez á mellor actriz de reparto. Tamén foron nominados á mellor dirección de produción, mellor son e mellores efectos especiais. 

A outra candidatura galega provén do filme 'Noche de ¿paz? Holy night' da produtora coruñesa Dygra e que dirixiu o tamén galego Juan Galiñanes. 
 

Comentarios