A GALA SERÁ O 23 DE ABRIL

O Descoñecido, Lobos Sucios e Hospital Real, os filmes con máis nomeacións para os Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual vén de dar a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimocuarta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan toda a produción audiovisual galega. 

nomeadosAGA
photo_camera Acto no que a Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer os nomeados e nomeadas

A Academia deu a coñecer os finalistas nesta edición dos premios nun acto presentado por Mabel Rivera e Antonio Durán “Morris”, e no que tamén participou o presidente da AGA, Carlos Ares. Trala primeira rolda de votacións as longametraxes O Descoñecido (15 nominacións) e Lobos Sucios (14) e a serie de televisión Hospital Real (11) parten como favoritos para a gala dos premios que se celebrará o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.

Por número de candidaturas tamén destacan a serie de televisión Serramoura (7) e a longametraxe Las altas presiones (5). Tamén acadaron varias Land Rober Tunai Show (3), Extinction (3), Naqueles tempos (2), Pazo de Familia (2), Luci (2), Era Visto (2) e Hotel Almirante (2). Poden consultar todas as nomeacións, aquí

Os membros da AGA iniciarán unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada categoría. Os resultados serán dados a coñecer na gala dos Mestre Mateo que terá lugar o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña.

Comentarios