Descobren un novo petroglifo no Monte Pindo

É unha cruz gravada preto do camiño que sube desde o Fieiro.

petrogligo pindo

A Asociación Monte Pindo Parque Natural informa da descoberta dun novo petroglifo non catalogadono coñecido como Olimpo Celta, unha cruz “ extraordinariamente semellante ás presentes no propio cumio da Laxe da Moa, aínda que moito menos erosionada”. Foi atopada polos veciños Jordi Tato e Iván Franco (directivo da AMPPN e concelleiro de Cultura de Carnota)

Este petroglifo, apontan do colectivo, podería estar relacionados “cos intentos de cristianización dos cultos pagáns”. Tamén salientan que o descubrimento ten unha gran importancia “pois é a primeira vez que se encontra un símbolo destas características nun dos accesos en vez de nun lugar de culto consolidado, como é o caso da Laxe da Moa, pico Penafiel ou Cova da Xoana”.

Comentarios