Unha escolma do papel

A descoberta de dous poemas inéditos do Ánxel Fole máis satírico

O tesouro que agocha o Fondo Ben-Cho-Shey, depositado no Arquivo Provincial da Deputación de Ourense, permítenos rescatar dous dos primeiros poemas da liña satírica de Anxel Fole, Rimas e El Borbón y su Lacayo que até a data permanecían inéditos ao ficar excluídos da edición das obras completa deste autor. Alén dos valores literarios dos mesmos, a súa divulgación permítenos repasar e coñecer o contexto político do final do réxime de Alfonso XIII e o conxunto de forzas que asentaran a II República.

ánxelfole

despece1Achegarnos a un e outro poema, o primeiro deles elaborado a finais da Ditadura de Primo de Rivera e o segundo durante a Ditabranda de Berenguer, require necesariamente situar, aínda que sexa a grandes trazos, o Fole daqueles anos, deténdenos de xeito particular na súa dupla faciana de dirixente da FUE e de activista republicano. Aínda así o de Lugo, xa organizado no nacionalismo e operando como Secretario Provincial do Partido Galeguista, non renunciara a este tipo de composicións como as recollidas sob o titulo de Romancero Político de Galicia algunha das cales aparecen recollidas na súa obra completa.

Naqueles anos finais da I Restauración, Fole era canda Seoane cabeza e dirixente daquela facción de mozos que facían parte da FUE pero nunha posición sen ningún tipo de preocupación nacionalista. Mentres Carvalho ou del Riego, tamén importantes dirixentes da organización estudantil, participaban do Seminario de Estudos Galegos ou tiñan como grandes referencias ás xentes de “Nós” ou das Irmandades, os primeiros declarábanse marxistas, as súas lecturas de cabeceira eran Barbusse ou Ehrenburg e o espello onde mirarse a Unión Soviética. Asemade se para os mozos marxistas os esforzos dirixíanse case en exclusiva ao eido político, no caso dos nacionalistas a actividade cultural era prioritaria.

O poema Rimas fai referencia ás protestas que levan a cabo os estudantes de todo Estado ao longo de 1929, unhas mobilizacións que se iniciaron por motivacións de orde académica e que xa provocaron que en setembro dese ano o Ditador derrogaba a “Lei Callejo”, que permitía aos centros relixiosos conceder títulos académicos, e que tomarán un carácter claramente político en xaneiro de 1930 coa extensión da folga á práctica totalidade das universidades, en Compostela xa se declara o día 24, e que rematarían con Primo de Rivera xa dimitido. Porén non rematou aquí a loita, en febreiro dese ano, con Berenguer no Goberno continuarían as mobilizacións en Galiza en demanda da amnistía para os estudantes detidos ou expedientados.

O poema El Borbón y su Lacayo, de ampla circulación na Galiza da época, enmárcase no contexto de descomposición política dos finais do reinado de Alfonso XIII, pero tamén na posición dun Fole que xa actúa como recoñecido dirixente republicano. Pénsese que xa o 1 de Abril de 1929, Fole aparece como conferenciante no “Centro Republicano de Compostela”, onde analiza a nova orde constitucional de posguerra en Europa, se ben o 10 de Marzo do mesmo ano asina como fundador ao pé de Seoane, Manteiga e Xoán Xesús González a constitución dunha nova forza política, Vanguardia de Izquierda Republicana, na que aparece como secretario.

Os textos que vos deixamos non son máis que unha pequena mostra das tres grandes liñas de creación poética que cultivou o de Lugo, isto é, unha primeira, tamén a máis abondosa, fondamente influída pola “Xeración do 27”, unha segunda de carácter revolucionario, influída polo futurismo de Maiakosvki e unha terceira, esta coa que quedades, de carácter satírico que viña a ser un reflexo do momento político do momento e polo que circulan situacións como esta ou persoas como o famoso cacique de Lugo Pepe Benito ou o non mesmos cacique Emiliano Iglesias

RIMAS 

Cerraron las aulas,
fregaron los suelos,
tapiaron las puertas,
pusieron los sellos,
y lanzando vivas
al régimen viejo,
de sus Facultades
todos se salieron...
Las blancas paredes
del augusto templo
quedaron cubiertas
de grandes letreros
alusivos todos
a los hombres nuevos...


Va cayendo el día,
se oscurece el cielo,
los muchachos piden
que muera Callejo...fole
Ante tantas cargas
y guardias tan fieros
tiros y sablazos,
medité un momento
¡Dios mío, que solo
se queda el Gobierno.


Notas oficiosas
y Reales Decretos
aumentan las filas
de los descontentos.
Sufrió un castigo
la Corte, primero,
luego Salamanca
y más tarde Oviedo,
después Barcelona
y Valencia luego
y, en fin, Zaragoza
a quien no valieron
las humillaciones
de su claustro en pleno.


Ya no habrá cultura
mas que en el ejército;
ya no serán sabios
más que los sargentos.
Y al mirar que el chulo
autor de todo esto
solamente cuenta
con beatas y clérigos
y cuatro marqueses
de rancio abolengo
que a cuatro marquesas
les toman el pelo
Mimi Castellanos
implora así al cielo:
¡Dios mío, no he visto
un tío más fresco!


El día catorce
del mes que corremos
al balcón se asoma
el jefe, cubierto,
sin quitarse un punto
del coco el sombrero
y por los jardines
de su ministerio
pasan cuatro gatos
formando el cortejo.
Es la Unión Patriótica
gentes de ambos sexos
entre las que abundan
personas de mérito:
Dolores la Chata
y Paca la Pelos,
Mercedes la Loca,
Delgado Barreto,
Dómine, Del Valle,
el rector de Deusto,
Matesanz, Reguera,
Largo Caballero,
un par de agustinos,
tres curas de pueblo
y un comisionado
de los del babero...
¿Llenan estudiantes
la Cárcel Modelo
y ésta gente fuera?...
Yo no me contengo.
¡Dios mío, que gente
rodea al Gobierno!


Todas las naciones
tomaron ejemplo
de la pobre España;
Ya no habrá más médicos
ni más abogados...
¿Que falta hacen estos
si está José Antonio
ganando mil pleitos?
Ya no es necesario
estudiar Derecho.
Basta la influencia
del nombre paterno.
Para nada sirven
Academias, Centros,
Universidades,
Juntas ni Ateneos.
Los intelectuales
(de españoles nietos)
de la Sud-América
siguiendo este ejemplo
dirán desde ahora
con gran sentimiento
lo mismo que dice
de España el Gobierno
¡Dios mío, que brutos
son nuestros abuelos!
 

…...............................

¿Sobre la violencia
triunfará el Derecho?
¿Volverán a verse
chicos y maestros?
No sé, pero hay algo
que explicar no puedo,
que al par nos produce
tristeza y desprecio
¡Y es ver como España
soporta al Gobierno!

Esta reportaxe apareceu no Sermos Galiza nº108, publicado a 7 de agosto de 2014.

Comentarios