A xente da escena, expulsada do Gaiás

Pasaban as nove da noite cando un amplo despregamento policial desaloxaba os membros da Plataforma das Artes Escénicas das oficinas da Agadic. Tiñan previsto pasar a noite no Gaiás, en sinal de protesta pola situación do sector.
A policía expulsa á xente do teatro do Gaiás
photo_camera A policía expulsa á xente do teatro do Gaiás

Arredor de setenta representantes da Plataforma de Artes Escénicas que levaban todo o día no peche nas dependencias da Agadic, na Cidade da Cultura, foron desaloxados cando xa pasaba media hora das nove por un numeroso continxente policial. Algunha das persoas foron zarandeadas pola policía, entre elas a actriz Luma Gómez. 

A Plataforma de Artes Escénicas decidira, no transcurso dunha asemblea celebrada no propio peche, permanecer a noite enteira no Gaiás, á espera dunha resposta clara da Consellaría de Cultura que certificara unha xuntanza con algún representante político do organismo. Representantes do mundo das artes escénicas levan xa semanas protestando pola parálise na política cultural da Xunta que se materializa, de maneira especial, na eliminación dos circuitos culturais e na falta de dirección de AGADIC. Malia telo intentado en repetidas ocasións, non conseguiron fixar unha data de xuntanza nin co conselleiro nin con ningún representante político da Consellaría. 

Comentarios