Seis páxinas no Sermos 316

'A derradeira leición do mestre', en Galiza

O óleo emblema da resistencia galega contra a barbarie fascista está en Galiza. O presidente da Xunta e os líderes da oposición asistiron na Cidade da Cultura ao simbólico acto da súa desembalaxe.
 

foto nós tv desembalaxe 2
photo_camera O presidente da Xunta e os líderes da oposición asisten á desembalaxe de 'A derradeira leición do mestre', esta cuarta feira na Cidade da Cultura. Foto: Nós TV.

A obra que reproduce ampliada -dous metros de alto e 136 centímetros de ancho- a lámina número 6 do álbum de guerra Galicia Mártir- chega por primeira vez a Galiza. Propiedade do Centro Galicia de Bos Aires, a Xunta negociou a súa cesión por seis meses. Para amosalo á cidadanía galega, o Goberno galego armou a exposición Castelao Maxistral, comisariada polo seu biógrafo Miguel Anxo Seixas e que percorre a pegada da docencia, os mestres e a represión a esta profesión na obra do rianxeiro.

O semanario en papel de Sermos Galiza que se publica esta quinta feira -número 316- dedica seis páxinas ao histórico reencontro de A derradeira leición do mestre coa nación galega.

Comentarios