A Deputación da Coruña crea os premios Narf e Begoña Caamaño

Serán presentados na cuarta feira en Santiago de Compostela por Goretti Sanmartín. 

narf-begonha
photo_camera Begoña Caamaño e Fran Pérez, Narf

A área de Cultura da Deputación da Coruña presentará esta cuarta feira os Premios “Begoña Caamaño” e “Fran Pérez, Narf”, convocados pola área de Cultura da Deputación da Coruña en homenaxe á escritora e ao músico. No acto, que terá lugar no hotel compostelán Costa Vella, participará a vicepresidenta e deputada da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei, e tres persoas relacionadas coa escritora e co músico. 

O galardón que leva o nome de Begoña Caamaño recoñecerá a mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero e o que se denomina Fran Pérez “Narf” será un concurso para grupos e artistas musicais.

O galardón Begoña Caamaño recoñecerá a mellor iniciativa cultural pola igualdade de xénero e o que se denomina Fran Pérez “Narf” será un concurso para grupos e artistas musicais.

Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Compostela 2014) foi unha xornalista e escritora, alén de figura destacada do feminismo galego. Publicou as novelas 'Circe ou o pracer do azul' (2009) e 'Morgana en Esmelle' (2012), ambas as dúas en Galaxia, e acadou os premios Ánxel Casal 2012 ao mellor libro de ficción; o da AELG á mellor obra narrativa do mesmo ano, xunto co Premio da Crítica de narrativa galega, e o Losada Diéguez de creación literaria en 2013. 

Fran Pérez, Narf, (Silleda, 1968 - Compostela 2016) foi un compositor e cantante que formou parte de bandas como Os Quinindiolas, Nicho Varullo ou a Psicofónica de Conxo, até que comezou a súa carreira en solitario adoptando o nome artístico de Narf. Ten publicado tres discos en solitario: 'Directo en Compostela' (2004), 'Tótem' (2007) e 'Nas tardes escuras' (2013), alén doutros tres con outros artistas, como Jabier Muguruza e Miquel Gil ('Mundo café', 2005); Manecas Costa ('Aló irmao!', 2010); ou Uxía ('Baladas da Galiza Imaxinaria', 2015). 

Comentarios