Ben de interese cultural

Denuncian unha intervención sen autorización na fachada da fábrica de Sargadelos

Esas actuacións, afirma Mariña Patrimonio, transforman e desvirtúan o monumento.

sargadelos

Mariña Patrimonio denunciou ante a Consellería de Cultura e o Concello de Cervo as intervencións que se están a desenvolver no edificio circular da fábrica de Sargadelos, un complexo industrial que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de monumento en 2014.  

Esas actuacións, denuncian, están a “transformar e desvirtuar” o emblemático edificio de Sargadelos; unha obra do arquitecto Andrés Fernández – Albalat que se construíu en 1968 por encargo de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane.

Segundo a información da que dispón a asociación denunciante, os traballos que se están a realizar na fachada do edificio non contan coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura nin coa necesaria licenza municipal. Por todo isto, Mariña Patrimonio considera que cómpre unha inmediata paralización desas intervencións.

Comentarios