Arrinca en Compostela Delas Fest: Elas tamén pintan, o primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa. Entre 9 e 15 de decembro sete creadoras intervirán en distintos lugares da comarca de Santiago, como Ames e Teo.
Chegadas de varios recunchos do mundo, con diferentes disciplinas e enfoques, apropiaranse do espazo público para o transformar en soporte de expresión e de intervención política.