Falece 'Tabe', baixista de Zënzar

José A. Regueiro padecía unha grave doenza desde hai seis meses.

Zenzar Tobe.jpg
photo_camera Zenzar Tobe.jpg

José A. Regueiro 'Tabe', baixista de Zënzar faleceu esta cuarta feira após unha grave enfermidade que padecía desde hai seis meses. Nos últimos meses fora substituído nos concertos do grupo de Cerceda por Laura Romero. O grupo nestas actuacións adicáballe temas e mandáballe ánimos.

Zenzär é un dos nomes obrigados na historia do rock galego. Desde que, co norme de Mordor, se creara o grupo en 1987 non pararon de facturar pílulas de rock sen renunciar nunca ao compromiso co idioma. Unha música con querencia polo hard ou mesmo polo punk e no que a sección rítmica (baixo e batería) son o verdadeiro motor a explosión. Aí estaba 'Tabe', co baixo como o leme para conducir o rock dos de Meirama. O grupo sacara o seu novo traballo en 2015, 'Camiñando entre serpes'.

Comentarios