'Deixaas' de Mercedes Peón, nominada a mellor disco europeo da revista 'Songlines'

Primeiro escollérono entre os máis salientábeis discos de 2018 e agora sitúano entre as catro propostas que optan ao premio de mellor traballo europeo outorgado pola revista británica Songlines. Deixaas, o quinto disco de Mercedes Peón e un auténtico tratado de vangardismo de raíz, segue a ampliar o seu radio de acción.
 

mercedes peón
photo_camera Mercedes Peón. Foto: cedida.

Contra Peón compiten a fadista portuguesa Mariza, o británico Sam Sweeney e a banda danesa Dreamers' Circus. Xornalistas especializadas, non necesariamente adscritas á redacción de Songlines -publicación de referencia no universo da denominada world music-, encargáronse da escolla. O 10 de maio a revista dará a coñecer os gañadores e gañadoras nas diversas categorías.

Deixaas sucedeu a SOS (2010) na explosiva discografía de Mercedes Peón. Con estes dous traballos, a música de Oza dos Ríos adentrouse en vieiros nunca explorados por sonoridades extraídas da tradición musical galega. Electrónica, ecos industriais, distorsión, contribúen a debuxar obras únicas.

Comentarios