De catro a catro

Sen chegar a facer os 30 anos, cando en xaneiro de 1930 finou Manoel-Antonio ou Manuel Antonio, só tiña publicado en 1928 un libro de poesía, 'De catro a catro', con 19 poemas. Mais ese libro foi suficiente para inscribilo con letras maiúsculas na historia da literatura galega, para convertelo no poeta galego do mar e para facelo o referente da literatura de vangarda en Galicia. E todo porque é un libro novo, moderno, único, que serve aínda hoxe de exemplo, que non de modelo, para os e as poetas que queren facer algo diferente, algo seu. Un deses poemas, o titulado “Sos”, debe figurar entre os mellores da nosa poesía. 
Fotografía de Manoel-Antonio. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Fotografía de Manoel-Antonio. (Foto: Nós Diario)
Que supón De catro a catro na literatura galega? Para Xosé Otero Espasandín (1928) o libro é a rebelión dun mar non visto aínda por ninguén. Un mar puro sen ribeiras nin costas, perdido entre…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios