Da terra asoballada

O poemario 'Da terra asoballada' (1917) de Ramón Cabanillas é froito do redencionismo do sindicato agrario Acción Gallega e do movemento cultural e político das Irmandades da Fala. Trátase dun libro social e político, o máis compacto de poesía civil da literatura galega. Nos versos agraristas chama os labregos a queimaren pazos e triparen na tumba dos caciques, mentres que nos da xeira irmandiña pretende educar e concienciar o pobo galego para achegalo ó nacionalismo. Os dous poemas máis populares son dous himnos de loita patriótica e revolucionaria, o agrarista “Acción Gallega” e o irmandiño “En pé!”. En 1926 editouse a segunda edición, que case constitúe un libro novo, con só catro poemas da primeira.
Retrato de Ramón Cabanillas en Cuba no 1913. (Foto: Arquivo Vidal Cabanillas)
photo_camera Retrato de Ramón Cabanillas en Cuba no 1913. (Foto: Arquivo Vidal Cabanillas)
Cabanillas e o agrarismo En El Cometa , xornal que Cabanillas fundou no seu Cambados natal en 1910, ano en que marchou a Cuba, adheriuse á causa redencionista e anticaciquil do sindicato…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios