25 de setembro en Compostela

Da edición galego portuguesa

“Galiza e Portugal: dous mercados que se ignoran”. Este é o contundente lema baixo o que a Asociación Galega de Editoras convoca un encontro sobre a edición galega e portuguesa o 25 de setembro en Compostela.
 

libros
photo_camera Libros. Foto: cedida.

“Diferentes expertos da excrita, da edición, da promoción da lingua e da distribución retomarán o debate histórico sobre un posible intercambio comercial normalizado entre os sectores do libro galego e portugués”, indican desde a organización. Acita será no Consello da Cultura Galega e conta co apoio da Xunta e de Cedro -asociación de defensa de dereitos de propiedade intelectual.

A xornada arrinca ás 10.30 coa mesa redonda Olladas desde a escrita. Nela participarán o escritor portugués José Viale Moutinho -esteritamente ligado a Galiza desde hai décadas-; e as galegas Teresa Moure, Carlos Quiroga e Suso de Toro. Despois (12.30 horas) haberá unha discusión enfocada desde a promoción da lingua e da que farán parte Carla Sofía Amado, do Instituo Camões de Vigo; o profesor da Universidade viguesa Carlos Nogueira; e a tradutora Elisabete Ramos, autora de Portugalizar.

Este 1º Encontro da edición galega e portuguesa rematará coa palestra das 16.30 horas sobre propiamente a edición. Nela falarán Luis Catarino, da portuguesa Deriva Editora; Dora Forcas, da tamén portuguesa Distribuidora Bertrand; Margarida Noronha, de Kalandraka Portugal; e Glicéria Pereira, de FNAC Lisboa.

Comentarios