D@s creadores/as de “gústame o galego” chega... Como cho digo ;-)

“Como cho digo ;-)”, pouco máis se sabe da nova campaña que bota a andar a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), despois do grande suceso de “Gústame o galego”. 

comocbodigo
photo_camera comocbodigo

Pouco máis se sabe mais si que implicarán de novo á sociedade cunha mensaxe positiva arredor da lingua. Algúns dos rostros que participan na campaña xa se viron no adianto co que a CTNL anuncia a presentación da campaña, qu eterá lugar esta terza feira día 25 ás 20:00 no espazo cultural da Nave de Vidán de Santiago de Compostela nun acto que contará coa participación musical de Uxía e  Najla Shami. 

Fernando Vázquez, Sés, María Reimóndez, Yolanda Castaño, Rosa Aneiros, Manuel Bragado ou Francisco Castro son algúns dos personaxes que aparecen no video que anuncia a nova campaña que a CTNL desvelará esta terza feira. Con “Gústame o galego”, a coordinadora conseguiu que nun ano máis de 5.000 persoas puxeran para promover a normalización da lingua convidando a empregala nas máis diversas situacións. O photocalll da CTNL viaxou por todo o país para fotografar imaxes que se repetían nas redes sociais e que lle valerono premio Xoan Manuel Pintos de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. A campaña conseguiu un inmenso efecto comunicativo. Algunha das fotos foi compartida por máis de mil persoas e algún dos álbums foron vistos por máis de 20.000. O alcance da páxina de facebook chegou nalgunhas semanas a 70.000 persoas. Algunha imaxe superou a cifra de 100.000 visitas. 

A nova iniciativa para a visibilizadción do uso do galego “Como cho digo;-)” desvelarase esta terza feira na que, alén de proxectar algúns vídeos, presentarase o sitio web  www.comochodigo.eu e intervirán algunhas das persoas coñecidas que colaboran na iniciativa. 

Tamén "Os da Ría" fixeron un dos seus videos "galegueiros" sobre “Como cho digo ;-)”: 

Comentarios