Curtas Armadiña, ate o 18 de novembro

Poio, capital (provisoria) da curtametraxe

Poio é esta semana a capital provisoria da curtametraxe. O festival Curtas Armadiña desenvolve a súa programación até o domingo 18 de novembro. Ademais das proxeccións -concentradas fundamentalmente na fin de semana-, haberá diversos obradoiros relacionados co mundo audiovisual.
 

casal de ferreirós
photo_camera O Casal de Ferreirós, en Poio, sede do Curtas Armadiña. Foto: cedida.

Sobre “realizar e dirixir na época das redes” falou a segunda feira Pablo Cacheda. Na terza, o obradoiro de iluminación foi impartido por Jose Aragunde. A cuarta, María Roja ofrecerá 1,2,3,1,2,3 acción. A quinta feira será a quenda da sección de videoclips e da curtametraxe Prexuízos, dentro do espazo Cinemas diversos, organizado en coolaboración con Down Pontevedra.

A sección oficial do certame comezará a sexta feira na Casal de Ferreirós. Nas tres xornadas da fin de semana proxectaránse case 30 pezas. Entre elas, Metrocabina, escrita e realizada por Andrés Castro, crítico cinematográfico de Sermos Galiza.

Comentarios