Que facer?

O Culturgal marca a axenda da finde

A fin de semana chámase desta volta Culturgal. A grande feira decorre durante a finde en Pontevedra. Mais non todo se esgota no Pazo de Cultura da cidade do Lérez. A oferta destes días pasa tamén pola Festa da Chanfaina, monólogo de Pepo Suevos e diversos espectáculos teatrais ou exposición

Pepe Suevos
photo_camera Pepo Suevos

Sexta feira

Culturgal

Pontevedra

Pazo da Cultura

2-4.11.2016

Culturgal volta protagonizado por Sondeseu, Budiño e María Fumaça. A Feira das Industrias Culturais nesta ocasión realiza a súa novena edición con máis de 120 actividades nos espazos Foro, Libro, Infantil, Carpa e Cine. O Auditorio do Pazo da Cultura acollerá tres espectáculos especiais con SonDeSeu (sexta feira 2, 21.30 h), Budiño (sábado 3, 21.30 h) e María Fumaça (domingo 4, 12.00 h).

Monólogo Pepo Suevos

Arteixo

Centro cívico e cultural 

21.30h

Pepo Suevos achéganos novamente un repertorio no que toca todos os temas existentes, espectáculo no que o bo humor é protagonista. 

Sábado 

Teatro para bebés 

A Coruña 

Sala Gurugú 

18.30h

Caramuxo Teatro presenta Ñam!, un espectáculo de teatro para bebés co cal achegarse en familia ao saboroso e suxestivo mundo da cociña.

V Festa da chanfaina 

San Sadurniño 

Local social de Bardaos

15.00-11.30h

Degustación dun dos pratos típicos da zona, elaborado con sangue, carne e especias dentro do recho dun porco, e máis con música ao vivo. 

Budiño en concerto 

Pontevedra 

Pazo da Cultura 

3.12.2016

21.30h

Presentación da reedición do libro-disco, Paralaia, no seu vixésimo aniversario, espectáculo con Mercedes Peón como convidada especial. 

Domingo 

Festa do Pan da Baixa Limia

Bande 

Pereira

O programa de actividades inclúe xogos tradicionais, música, taller de panadería, obradoiros, degustación do pan e música tradicional.

Animundis

Ourense

Auditorio de Ourense

12.00h

Espectáculo infantil, representación multimedia de música e teatro, composicións de funk, swing e rock, acompañadas de divertidas letras.

Galiza-Cabo Verde: unha irmandade 

Carballo

Pazo da Cultura

Até 9.12.2016

Mostra de imaxes que o fotógrafo Rober Amado realizou durante a súa viaxe a Cabo Verde por 6 das 10 illas, do Fondo Galego de Cooperación

Valle-Inclán: xenio e figura 

Santiago de Compostela

Colexio de Fonseca 

Até 16.12.2016 

Unha exposición para coñecer polo miúdo a figura de Valle-Inclán, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento. A mostra reúne edicións publicadas ao longo da súa vida, unha escolma dos seus deseños gráficos orixinais, caricaturas e retratos de Valle-Inclán publicados na prensa contemporánea e a proxección internacional do autor no seu tempo.

A caza moderna da balea en Galiza

Bueu 

Museo Massó

Até 31.12.2016

De Punta Balea a Cabo Morás é unha mostra que aproveita a historia da industria baleeira na Galiza, especialmente na segunda metade do século XX. Abarca diversas seccións como as lendas que foron xurdindo arredor deste cetáceo, os produtos que se aproveitaban da balea, a etapa heroica da caza da balea, a caza moderna e a fin da industria baleeira. 

Comentarios