Un vilaxoanés proxecta filmes desde a súa casa en Vilagarcía para recreo de todo o barrio

Sin título-2
photo_camera Rúa de Vilagarcía onde Xoán proxecta películas (Foto: CRTVG).

Emitir películas de Charles Chaplin ou de Buster Keaton en pleno ano 2020 pode parecer unha tolemia pero, acaso non o é máis toda a situación que está a vivir o mundo?

Para facer máis ameno o confinamento ás súas veciñas da rúa Alcalde Rei Daviña de Vilagarcía, Xoán, natural da veciña Vilaxoán, decidiu transformar a fachada da casa de enfronte nunha enorme pantalla de cine na que proxectar películas cando cae a noite.

Nun principio, só quería “animar á xente”, confesa Xoán nunha reportaxe emitida pola Televisión de Galicia, máis o que comezou como un experimento, tornou nun hábito que continuará “até que remate o confinamento”.

“Inclinámonos por Chaplin, Keaton ou Harold Lloyd porque son filmes de dominio público, libres de dereitos, pero tamén metemos curtas de carácter infantil para a rapazada”, engade Xoán, que conclúe invitando á xente que teña proxector a seguir o seu exemplo e que compartan xuntas películas, arte e cultura, desde as fiestras das súas casas.

Comentarios