Cruz Martínez gaña o VIII concurso de micro-relatos de OZOCOgz

Con 'Ela, sonha nas ramas do baobab'.

escribir

Cruz Martínez é a gañadora da oitava edición do concurso de micro-relatos que organiza OZOCOgz. A súa proposta 'Ela, sonha nas ramas do baobab' foi a elixida polo xurado.

O finalista foi 'De olhos fechados', presentado co seudónimo Loaira, baixo o que se agochaba o nome de Catarina CL.

A temática desta edición era a da infancia. A extensión máxima dos microrelatos foi de 140 caracteres.

O xurado estivo formado polas escritoras e escritores Berta Dávila, Celso Fernández Sanmartín e Adolfo Caamaño xunto coa gañadora da pasada edición do concurso Concha López Fernández. Canda elas completou o xurado unha representante da "Libraría Escolma" do Carballiño, unha da "Librería Miranda" de Bueu, uunha da "Libraría Cartabón" de Vigo; e unha da “Libraría Pedreira“ de Compostela.

O microrelato gañador e o finalista poden lerse aquí

Comentarios