'Caerán lóstregos do ceo' é o título

A crítica Nicole Brenez escolle unha curta do burelense Adrián Canoura entre o mellor do ano

A francesa Nicole Brenez, profesora na Sorbona, é unha das voces máis respectadas da crítica cinematográfica actual. Experta en vangardas e cinema militante, investigadora das relacións entre filme e política, vén de escoller a última curtametraxe do burelense Adrián Canoura entre o máis salientábel de 2018.
 

caerán lóstregos do ceo fotograma
photo_camera Fotograma inicial de 'Caerán lóstregos do ceo', de Adrián Canoura. Imaxe: Curtocircuíto.

Caerán lóstregos do ceo é o título da obra de Canoura (Burela, 1991), unha peza de 26 minutos construída con poemas de Follas Novas (1880) e que indaga nos significados do trono e o lóstrego e transita territorios entre a realidade e o mito. Premiada como mellor filme de vangarda na última edición de Filmadrid, Brenez colócaa na ducia de traballos que rescata do ano pasado e na que figuran tamén autores como Jean-Luc Godard ou Nicola Klotz.

Antes de Caerán lóstregos do ceo, Adrián Canoura facturara O porco e o seu espírito (2017) e Salitre nas veas (2017), ademais de videoclips para proxectos musicais preocupados, como o seu propio cinema, para transportar o pasado cara á zonzas de vangarda. Tal é o caso de Nistra ou Baiuca.

Comentarios