luns 01/03/21

A crítica literaria a debate

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega promove un encontro arredor da crítica literaria. Será no Culturgal o sábado ás 17 horas. 

Mario Regueira
Mario Regueira

Representantes da crítica literaria xuntaranse o sábado día 6 ás 17 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra, no marco do Culturgal, por iniciativa da Comisión Xestora da Sección da Critica da AELG. 

O crítico e autor do blog “Caderno da Crítica” Ramón Nicolás  é o coordinador da mesa na que participarán a crítica da plataforma dixital de crítica feminista A Sega, Lara Rozados, a colaboradora do “Faro da Cultura” e especialista en crítica da literatura infantil e xuvenil, Montse Pena Presas, o crítico de teatro e colaborador en diversas revistas, Roberto Pascual mais o crítico literario de Sermos Galiza, Mario Regueira. 

O crítico Ramón Nicolás sinala na súa páxina que o obxectivo do encontro promovido pola AELG é “visibilizar a súa existencia e dinamizar as súas actividades”. 

comentarios