Crítica de cinema: Trance,gústache ou detéstala

Simon, un empregado dunha casa de puxas, asóciase cunha perigosa banda criminal para roubar unha valiosa pintura de Goya. No asalto Simon recebe unha pancada na cabeza que o deixa con amnesia e non se lembra onde agachou a pintura. Franck, o xefe da banda contrata a unha terapeuta que con hipnose tratará de sacarlle a información.

Trance
photo_camera Trance

Ano: 2013
Duración: 101 min.
País: Reino Unido
Director: Danny Boyle
Guión: Joe Ahearne, John Hodge
Música: Rick Smith
Fotografía: Anthony Dod Mantle
Reparto:  James McAvoy, Vincent Cassel, Rosario Dawson

SINOPSE

Simon, un empregado dunha casa de puxas, asóciase cunha perigosa banda criminal para roubar unha valiosa pintura de Goya. No asalto Simon recebe unha pancada na cabeza que o deixa con amnesia e non se lembra onde agachou a pintura. Franck, o xefe da banda contrata a unha terapeuta que con hipnose tratará de sacarlle a información.

CRÍTICA

“Trance” ten un bo comezo: James McAvoy mirando a cámara contando en primeira persoa toda unha declaración de intencións de como vai ser o roubo que estamos a piques de presenciar. Moi parecido ao comezo de “Plan Oculto” (2006, Spike Lee) así que inmediatamente nos imaxinamos que imos mirar un filme con atraco perfecto. Ademais está Danny Boyle detrás da cámara así que case un seguro de que imos ver algo de calidade. Pero nada máis lonxe da realidade.

Trátase dunha película na que o guión xoga unha baza primordial. Pero a trama fai augas por todas partes. John Hodge e Joe Ahearne están tras este despropósito. A película conta con os habituais colaboradores de case todas as películas do director. Hodge é un deles e xa gañara varios premios polo guión de “Trainspotting” (1996) e desde entón o recoñecemento da crítica. Pero súmase o tal Joe Ahearne, habitual director e escritor de series de televisión coma a de Doutor Who. Así que penso que ten que ser parte 

importante desta desfeita.

"A trama a partires do golpe na casa de puxas comeza a enredarse dunha maneira totalmente inverosímil. A golpe de xiros e diálogos imposibles, converte a película nun vaivén de intencións sen rumbo".

A trama a partires do golpe na casa de puxas comeza a enredarse dunha maneira totalmente inverosímil. A golpe de xiros e diálogos imposibles, converte a película nun vaivén de intencións sen rumbo. Por momentos parece que nos quere meter no trance e nun xogo no que nada é o que parece e non sabemos o que é realidade e o que non, noutros momentos nos quere facer crer que estamos ante un filme noir e noutras nun psicokiller. Pero nada. Papel mollado. Todo o que acontece parece acelerado e non afonda en ningún concepto. Nin sequera xoga con acerto cos xiros de guión, que no fondo parecen máis ben parches ou improvisacións. Tampouco as estrelas Vincent Cassel ou Rosario Dawson, cunha carga sexual de a

lto contido, salvan o panorama. Os actores vense tan perdidos ao igual que o espectador. Diálogos 

imposibles e caras de qué carallo teño que facer, Danny? son o máis destacado do filme. Unha facilidade sorprendente da protagonista para hipnotizar, uns ladróns que parecen de chiste e que pasan de torturar a ser case xente honrada, un tratamento bastante machista da nudez e un final que quere ser a bomba pero que nos deixa 

indiferentes e que a máis de un se lle escapou unha gargallada. Iso si, hai que recoñecerlle unha excelente fotografía a cargo de Dod Mantle, que comezou a ser recoñecido tras o seu traballo en “Celebración” (1998, Thomas Vinterberg) e que desde entón non para de recoller premios, e unha xenial banda sonora de Rick Smith, co que leva 17 anos de colaboración, e que tan bo resultado lle da. Ambos tamén habituais da filmografía de Boyle e a verdade é que é o máis destacable, pero como é de esperar, con iso non chega. A dirección tamén se fai notar: filtros, saturacións de imaxe, colocación de cámara, psicodelia e demais efectos dannyboyleanos moi recoñecibles, porque doutro xeito non nos poderíamos crer que fixera unha cousa así. Estamos ante a peor película de Danny Boyle con diferenza, e esperemos que sexa así e se mellore para futuros traballos. Só me asalta unha dúbida: na película resáltase o conflito entre recordar algo do pasado ou esquecelo. Quizais se trata simplemente dunha gran broma no que invita ao espectador a facer o mesmo: esquecer o que acaba de ver ou recordalo. E o certo é que ou te gusta ou a detestas. Pasará á historia como unha desas películas coa mesma porcentaxe de detractores que de defensores.

Comentarios