Crítica de cinema: "Lobeto inmortal", doada de ver e acaída para amantes da saga

Logan/Lobeto (Hugh Jackman) vive coma un ermitán no medio dos bosques canadenses atormentado tras a morte de Jean Grey (Famke Janssen). É localizado e levado a Xapón para despedir a un vello amigo moribundo que quere decirlle unhas palabras antes de morrer. Alí vólvese por primeira vez vulnerable ás feridas de bala e do letal aceiro samurai, o cal lle fai ser moito máis perigoso que antes.

Lobeto
photo_camera Lobeto

Título orixinal: The Wolverine
Ano: 2013
Duración: 126 min.
País: Estados Unidos
Director: James Mangold
Guión: Scott Frank, Mark Bomback
Música: Marco Beltrami
Fotografía: Ross Emery
Reparto: Hugh Jackman, Tao Okamoto, Rila Fukushima, Hiroyuki Sanada, Famke Janssen, Svetlana Khodchenkova, Hal Yamouchi 

SINOPSE

Logan/Lobeto (Hugh Jackman) vive coma un ermitán no medio dos bosques canadenses atormentado tras a morte de Jean Grey (Famke Janssen). É localizado e levado a Xapón para despedir a un vello amigo moribundo que quere decirlle unhas palabras antes de morrer. Alí vólvese por primeira vez vulnerable ás feridas de bala e do letal aceiro samurai, o cal lle fai ser moito máis perigoso que antes.

CRÍTICA

Enésima película que trata as fazañas de Logan/Lobeto e a segunda que ten en solitario ao heroe das poutas de adamantium. Porén non vai a continuación do primeiro spin-off senón que, para situarnos, estaría no plano temporal xusto despois da terceira entrega de X-Men. Tras a morte de Jean Grey a mans do propio Lobeto, este, atormentado polo suceso, trata de fuxir do seu pasado e trasládase aos bosques de Canadá onde vive coma un ermitán tratando de esquecer de todo, fuxir de si mesmo e pasar a ser só Logan. Pronto dan con el e o levan a Xapón para cumprir coas últimas vontades dun vello amigo moribundo. Obviamente téndenlle unha trampa, perde os seus poderes curativos e, mentres trata de descubrir quen está detrás de todo, líase a poutadas cos malos. Unha trama ao uso bastante previsible cun entorno nipón de fondo, que tanto gusta e dá tan ben na pantalla. Porén entretén bastante que xa chega. A pesar de contar de novo co bo de Hugh Jackman, merecedor do premio Donostia deste ano, non agardemos grandes interpretacións.

"Doada de ver e para pasar o rato porén non defraudará aos seguidores da saga, que tampouco deben perderse os títulos de crédito do final xa que avanza o que será a próxima película da saga"

Todos están bastante sobreactuados. Acompáñano unha recua de actores e actrices xaponeses bastante famosos no seu feudo, e incluso en Italia, como é o caso do italo-nipón Hal Yamanouchi. En cuanto ao reparto feminino as xaponesas Tao Okamoto e Rila Fukushima no lado dos bos, varias aparicións de Famke Janssen atormentando a Logan en plan a Mal de “Orixe” (2010, Christopher Nolan), e facendo de mutante perversa, a modelo rusa Svetlana Khodchenkova. Ao fronte está James Mangold que prometía tras a cinta de suspense “Identidad” (2003), o drama sobre Johnny Cash “Na corda frouxa” (2005) ou o western crepuscular “O tren das 3:10” (2007), pero que se vendeu ás esixencias de Tom Cruise en “Noite e día” (2010) e xa con esta corrobora o desperdicio de talento. Inicialmente o director ía ser Darren Aronofsky, pero por motivos persoais tivo que abandonar contaron con Mangold, que cubre expediente sen máis. A película ofrece pouco e sorprende máis ben nada, pero como película franquía si que funciona. Samurais, ninjas, katanas, loitas man a man, artes marciais e un montón de trompadas cun Lobeto eternamente cabreado que farán as delicias dos afeccionados ao xénero pero que se sustenta nun fío condutor algo feble. Doada de ver e para pasar o rato porén non defraudará aos seguidores da saga, que tampouco deben perderse os títulos de crédito do final xa que avanza o que será a próxima película da saga X-Men que estará dirixida por Bryan Singer e que se estreará o vindeiro ano dándolle unha volta de rosca a todo o visto ata o de agora xuntando pasado con futuro. Promete.

Comentarios