Continúa unha nova edición do festival de cinema Amal, en que as mulleres son as protagonistas, e faino con After Spring, un documentario sobre a crise que sofren as persoas refuxiadas. A fita poderá verse esta quinta feira, ás 20h, no Auditorio Abanca de Santiago. Dirixido por Ellen Martínez e Steph Ching, o documentario viu a luz grazas ao crowfunding e dá conta dos millóns de persoas que fuxiron de Siria pola guerra.
Aliás, ás 22h reproducirase 3000 noites, de Mai Masri. A directora palestina conta a historia real de mulleres que viven a maternidade nas máis extremas circunstancias. Para iso, converte a prisión nunha metáfora da Palestina ocupada e explora como se cruzan a empatía, a resistencia e a manipulación emocional. Esta fita recibiu o premio do público Punto encontro do Seminci 2015 e participou en numerosos festivais internacionais. A produción foi escollida por Xordania para representar o país nos Óscar 2017 na categoría de mellor película de fala non inglesa.