'CREAcións': 150 obras en aberto de 52 creadoras e creadores galegos

Desde este sábado, 21 de marzo, a través da a través da súa plataforma web da asociación de profesionais da dirección e realización de Galiza.

A Mesa lanzo pipocas esta cuarta feira (Foto: Nós Diario).

Non paran de nacer e espallarse iniciativas culturais para sobrevivir ao cofinamento. Unha das últimas ofertas é a que vén da man de CREA, asociación de profesionais da dirección e realización de Galiza. Este colectivo anuncia que impulsa a partir deste sábado CREAcións: audiovisual galego para unha corentena a través da súa web

Aí haberá unha oferta de máis de 150 obras en aberto de 52 creadoras e creadores galegos. A través desta iniciativa CREA pretende “facer máis levadeira a situación de confinamento xeralizada mediante as propostas dos creadores e creadoras asociados que, desinteresadamente, fixeron públicos os seus traballos a través da súa plataforma web”.

A isto engaden unha selección en primicia de estreas que se abren por primeira vez ao gran público despois do seu paso por festivais e salas de cinema. Os creadores e creadoras que participan nesta mostra abranguen todos os estilos e propostas, desde longametraxes e series ata documentais, videoclips, curtametraxes e pezas experimentais.

Comentarios