“Costa da Morte”, de Lois Patiño, mellor filme do FICUNAM de México

O documental “Costa da Morte” de Lois Patiño gaña o premio ao mellor filme da competencia internacional do FICUNAM. Este novo premio do prestixioso festival mexicano súmase ao de Locarno no que Patiño foi recoñecido como mellor director emerxente. 

Fotograma de Costa da Morte
photo_camera Fotograma de Costa da Morte

O documental de Lois Patiño “Costa da Morte”, producido por Zeitun Films, fíxose co premio ao mellor filme de competencia internacional do prestixioso FICUNAM de México nunha edición na que o catalán Albert Serra foi considerado o mellor director. 

O filme de Patiño (Vigo, 1983) suma este novo galardón ao Premio ao Mellor Director Emerxente acadado no Festival de Locarno, unha estrea internacional que precedeu ao seu paso por máis de vinte e cinco festivais, entre eles,  Rotterdam, New York ou a Viennale. “Costa da Morte” obtivo tamén unha mención especial no festival de Valdivia, mención especial e mellor documental en Sevilla, premio do público e mención especial no Festival dei Pópoli de Florencia e e mención especial do xurado da mocidade no REC de Tarragona. 

Comentarios