A Coruña volve resoar coas voces dos coros galegos

Esta fin de semana comeza o XIV Ciclo de coros históricos e novos, organizado por Cántigas da Terra.

[Imaxe: Cántigas da Terra]
photo_camera [Imaxe: Cántigas da Terra]

Coros con décadas de historia e tradición e formacións máis novas e renovadas. O Teatro Rosalía da Coruña vai acoller esta fin de semana a primeira das tres xornadas que compoñen o XIV Ciclo de coros galegos que organiza Cántigas da Terra. O domingo 28, a partir das 19:00 horas, estarán sobre o escenario o estoupido de vida e música dos arousáns Carapaus, as regueifas poderosas de Alba María e Lupe Blanco e, para poñer o ramo, Cántigas da Terra.

Na segunda xornada (18 novembro), no mesmo sitio e hora, será a quendadoutra historia viva da mñusica coral galega, Toxos e Froles, así como da Agrupación Folclórica Ancoradoira e de novo rematará o día con Cántigas da Terra. A terceira xornada contará coa coral De Ruada, a coral Polifónica El Eco e, de feche, os anfitrións.

Comentarios