Corenta anos de curtas en Vilagarcía

Catro décadas de traxectoria sitúan o 'Festival Liceo de Vilagarcía', que mudou o nome polo de 'Curtas Film Fest', como o decano dos festivais de curtametraxes en Galiza. Terá lugar na vila arousá desde mañá, cuarta 22, até o sábado 25.

'Bendito machine IV', de Jossie Malis
photo_camera 'Bendito machine IV', de Jossie Malis

O Festival Liceo de Vilagarcía mantén o espírito con que naceu no ano 62: difundir o formato da curtametraxe e o traballo d@s nov@s creador@s. Este ano mudou, alén do nome, as datas de proxección: adoitaba ser en novembro, mais agora trasladouse ao verán, un mes que se presta para os festivais de curtametraxes ao aire libre, e coincidindo co apoxeo festeiro da vila, que aínda a semana pasada celebrou o San Roque. As proxeccións faranse na Rúa Castelao

Este ano presentáronse máis de 300 curtas: 263 concorren na categoría de Mellor audiovisual, premio dotado con 1.000 euros e trofeo; para a categoría de Mellor curta de animación, e cuxo premio en metálico son 600 euros, participaron 26 obras; e en Nov@s realizador@s, cunha dotación de 300 euros, 52 pezas.

Dez filmes foron seleccionados na sección de realizador@s noveis: 5º B Escalera Derecha, de María Adánez; Aunque todo vaya mal, de Cristina Alcázar; Como dirán tus esquelas, de Mario Pérez; Desayuno con diadema, de Óscar Bernácer; Don Enrique de Guzmán, de Arantxa Echevarría; Obsesión, de Emperatriz Vizcarra; Olvido, de Javier Valenzuela; Perrito chino, de Fran Gil Ortega; Recoprem 10 mg, de Fernando Sánchez; e Velando a los muertos, de Sebastián Álvarez. Outros dez concursarán polo premio a mellor animación: Bendito Machine IV, de Jossie Malis; Ella, de Juan Montes de Oca; Growing Leo (Leo Creciente), de Rubén Mateo-Romero; Historia d’Este, de Pascual Pérez; Jaime el Barbudo, de Sami Natsheh; La Viuda de Tamarindo, de Andrés Armas; Le peuple de l’Herbe – Parler le fracas, de Thomas Fourniret; Luminaris, de Juan Pablo Zaramella; Once upon a time in the earth, de Fayaz Bahram ; e Palito, de Néstor Fernández.

Asemade, a sección de Re-Visións recolle retrospectivas, homenaxes e mesas de debate.

Comentarios