Cultura

A coprodución luso-galega Vidago Palace chega á HBO

O drama romántico de seis capítulos producido por Portocabo e Hop Filmes chegou na fin de semana a HBO España, logo do éxito no apartado portugués da plataforma.
Fotograma de 'Vidago Palace'.
photo_camera Fotograma de 'Vidago Palace'.

A coprodución luso-galega Vidago Palace, un drama romántico de seis capítulos producido por Portocabo e Hop Filmes, xa está dispoñíbel en HBO España, logo de pasar en 31 de maio ao catálogo portugués da plataforma.

Esta serie foi a primeira coprodución conxunta da TVG e RTP e coloca a trama no hotel e spa aberto en Vidago a comezos no século XX para recibir os persoeiros máis notábeis da sociedade europea, nun contexto marcado polos Xogos Olímpicos de Berlín, a ditadura de Salazar en Portugal, o inicio da Guerra Civil española.

Vidago Palace é a segunda serie de Portocabo que podemos ver en HBO, despois da estrea en abril de Auga Seca, un drama policial coproducido tamén entre Portocabo, esta vez coa produtora lusa SP-i. A primeira rodará en agosto o seu primeiro filme de ficción, Cuñados.

Comentarios