Convocado o premio de Poesía do Concello de Carral

A convocatoria do Premio de Poesía do Concello de Carral estará aberto até o día 3 de abril de 2020.
Xurxo Alonso, gañador do Premio Poesía Concello Carral 2019
photo_camera Xurxo Alonso, gañador do Premio de Poesía Concello Carral 2019

O Concello de Carral vén de convocar unha nova edición do Premio de Poesía, dotado con 2.500 euros e a publicación da obra gañadora en Edicións Espiral Maior. O certame de 2020 fai a edición número 23 deste galardón, un concurso de referencia no ámbito da poesía galega.

O prazo para apresentación de exemplares estará aberto até o día 3 de abril. Poderán participar obras de autoras e autores maiores de idade, con poemarios formados por un mínimo de 500 versos escritos en lingua galega.

A entrega do premio terá lugar 29 de maio, dentro dos actos das Letras Galegas do Concello de Carral, acto no que tamén se exporá o libro gañador da  anterior convocatoria, Cantar de Cortegada, de Xurxo Alonso. 

Comentarios