martes 07.04.2020

Contos contados, a iniciativa da editorial Kalandraka para distraer o encerro

A editorial Kalandraka acaba de poñer en marcha en marcha a través da súa canle dixital un proxecto audiovisual que recolle a narración de contos tradicionais.
O escritor Xosé Ballesteros nun fotograma dos 'Contos contados' da editorial Kaladraka.
O escritor Xosé Ballesteros nun fotograma dos 'Contos contados' da editorial Kaladraka.

A editora de literatura infantil e xuvenil Kalandraka suma a súa propia proposta literaria e cultural ao espazo de entretemento en liña creado ao longo dos últimos días co ánimo de fornecer o tempo de ocio dos máis cativos durante o estado de alarma.

Contos tradicionais e relatos de creación

Contos contados é o nome da campaña audiovisual que acaba de lanzar a través das redes sociais e agora tamén a través da súa televisión dixital Kalandraka TV.

"Vivimos momentos excepcionais nos que as circunstancias requiren que permanezamos na casa. Desde Kalandraka queremos compartir contigo a iniciativa Contos contados, unha sección coa que pretendemos levar o amor polos libros e pola lectura a todos os fogares".

"Nestes tempos, a palabra é máis necesaria ca nunca".

A iniciativa xunta contos tradicionais, relatos de creación, versos e melodías para prelectores e poemas recitados. "Uns na voz das súa autoras e autores; outros, recreados por narradoras e narradores", explica a editorial a través dun comunicado.

Mentres non poidamos saír de novo ás librarías e ás bibliotecas, Kalandraka avoga porque as crianzas gocen das súas historias e as compartan coa familia, coas amizades e coa contorna escolar. "Porque, nestes tempos, a palabra é máis necesaria ca nunca".

comentarios