Sábado 13 de abril en Outeiro de Rei

Os contos que “bailan nas nubes” de Soledad Felloza

O libro Bailar nas nubes, de Vanina Starkoff, sérvelle á contadora Soledad Felloza de base do seu novo espectáculo de narración oral, titulado do mesmo xeito. Ofrecerao este sábado, 13 de abril, na Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei, a partir das seis da tarde.
 

soledad felloza
photo_camera A narradora oral Soledad Felloza. Foto: cedida.

Bailar nas nubes “trata dunha nena que soña con bailar nas nubes, mais a súa casa está pegadiña á terra e moi lonxe do ceo. Só a axuda de novos veciños fará que o soño sexa unha realidade”. Kalandraka publicou a versión galega da obra de Starkoff, natural de Bos Aires (Arxentina).

Dirixida a crianzas de entre 5 e 10 anos “e ás súas familias”, o Bailar nas nubes de Soledad Felloza ten entrada de 2 euros e poden reservarse no enderezo electrónico [email protected].

Comentarios