Que facer?

"Sete falares" reúne contadoras de historias en Pontevedra

Quico Cadaval.
photo_camera Quico Cadaval


“Sete Falares”
Pontevedra 
Diversos espazos 
Toda a fin de semana

O Encontro Internacional de Contadores de Historias volve encher de narración oral a cidade do Lérez. A VII edición de Sete Falares comezou seta quinta feira e vaise desenvolver até o domingo con contadores e narradoras como os galegos Pavís Pavós e Quico Cadaval, o camerunés Boniface Ofogo, as portuguesas Susana Cecílio e Sofia Maul e o zamorano José Luis Gutiérrez Guti. Na programación inclúense dúos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade. Está orientada principalmente ao público adulto, mais tamén conta con sesións para o público familiar. 

Festival Alternativo Millo Verde
Redondela
Praia de Cesantes
Sexta feira e sábado

Numerosos concertos e actividades culturais e deportivas forman parte da programación do festival con actividades para crianzas, artistas de rúa, eskalabirras e máis!

Día de Portugal
Ourense
Praza Bispo Cesáreo
13.00
Sexta feira e sábado


O programa inclúe danzas tradicionais, artesanía e gastronomía, ademais de concertos con Maria do Ceo (día 8) e Sílvia Raquel (día 9), na Praza Maior ás 21 horas.

Homosexualidade en Compostela na Idade Media: roteiro guiado
Compostela
San Domingos de Bonaval 
Sábado
11.50

Carlos Callón ofrece un percorrido literario centrado na homosexualidade en Compostela na Idade Media seguindo os textos das cantigas galegas medievais.

II Festivala, mulleres creando
Vilagarcía de Arousa
Diversos espazos 
Sábado

Un festival para visibilizar o papel das mulleres en diferentes sectores. Con representacións teatrais, debates/palestras, presentacións de libros, feira, obradoiros e concertos, entre outras actividades.

MICE - Mostra Internacional de Cinema Etnográfico 
Compostela
Museo do Pobo Galego
Até o domingo

Continúa a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, organizada polo Museo do Pobo Galego, que conta con tres seccións, etnografía, muller e cinema, e obradoiros para crianzas.

Pesdelán
Teo
Carballeira de Francos de Calo
Domingo
18.00 

Obradoiro para gozar mentres se aprende a danzar os temas co repertorio de Na punta do pé, de Pesdelán. 

Manuel María "Beleza, amor e compromiso"
Carballo
Biblioteca Rego da Balsa 
Até 15 de xuño.

Exposición sobre a figura, a vida e a obra de Manuel María que amosa de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do poeta do pobo. A mostra céntrase na evolución da súa obra, a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa participación na vida política, a súa faceta de clásico e precursor. 

Retratos Sonoros: paralelismos entre música e pintura
A Coruña
Museo de Belas Artes
10.06.2018
12.00

O XVII Ciclo música para una época combina desta volta a música antiga coas artes plásticas a través dunha visita guiada á sala do museo.

Comentarios