Conmoción no rock galego pola morte do vocalista de Esquíos

Miguel Castro, de 32 anos, faleceu xusto cando a banda de punk da que facía parte presentaba en xira o seu cuarto disco.

Esquios
photo_camera Esquios

Miguel Castro, cantante da banda de rock Esquíos, da Estrada, faleceu a principios desta semana  de forma inesperada, vítima dun derrame, nova que ten provocado unha enorme conmoción no rock galego.

Esquíos veñen de completar o seu cuarto disco, chamado 'Porcocán' e que obtivo financiamento a base de crowdfunding. Era o terceiro no que participaba Miguel Castro, tras os anteriores 'Un Tipo Normal'  e 'Éche o que hai'. Con anterioridade, con outro vocalista, editaran un traballo denominado simplemente 'Esquíos'.

O estilo musical da banda caracterízase pola potencia, mesturando actitude e sons punks con outros máis propios do Garaxe-rock. Estaban en plena xira de presentación das súas novas cancións.

.

Comentarios