Do 7 ao 10 de outubro na Cidade da Cultura

I Congreso de Teatro, 'Co horizonte no 2030'

A Academia organiza este congreso para reivindicar a necesidade dun plano estratéxico e dunha lei do que regule o sector dramática de cara á vindeira década.
EuropaPress_3231375_obra_nena_grilo_mais_alo_magin_blanco_mostra_teatro_galego_carino
photo_camera Imaxe dunha representación na última edición da Mostra de Cariño.

Baixo o lema co lema Co 2030 no horizonte decorre o I Congreso Galego do Teatro os días 7, 8, 9 e 10 de outubro, na Cidade da Cultura. O evento pretende, segundo informa a Academia Galega do Teatro, “crear un plano estratéxico e unha lei do teatro na próxima década”.

Este congreso, que ía ter lugar en marzo, foi adiado por causa da pandemia da Covid-19 e ten un duplo obxectivo: por unha banda, din, “analizar o pasado e o presente do teatro galego a través de comunicacións, mesas redondas e sesións plenarias desde unha perspectiva académica que contribúa a un mellor coñecemento do sistema teatral da Galiza”.

Por outra banda, especifican, “deseñar, a través do debate, os principios teóricos que guíen a creación dun plan estratéxico e dunha lexislación que ampare a creación e a distribución escénica para a vindeira década”.

Desta maneira, a organización do congreso pretende equilibrar as dúas perspectivas, académica e política, que afectan “o deseño do futuro do teatro galego”.

Desde a Academia Galega de Teatro “estase a traballar para desenvolver todas as actividades no contexto actual da crise sanitaria”, e aseguran “tomaranse todas as medidas de distanciamento necesarias para garantir a seguridade fronte á Covid-19".

A organización advirte tamén de que “no caso de que as circunstancias o requiran, o desenvolvemento do Congreso será exclusivamente virtual". O Congreso Internacional do Teatro Galego artellarase arredor de tres ámbitos temáticos. 

Experiencia acumulada, que inclúe a análise do proceso profesional, a evolución das programacións teatrais nos últimos 20 anos, e a análise da evolución dos espazos escénicos.

Retos actuais, que desenvolverá os epígrafes A crise da profesión teatral e os seus oficios: conflitos laborais e sociais, As programacións teatrais na Galiza e Por un teatro inclusivo.

En terceiro lugar o tema Modelos externos analizará o modelo portugués, outros modelos europeos e modelos americanos.

Unha ducia de mesas de traballo debullarán temas vencellados co público, a distribución ou a difusión e a formación de profesionais. Nestas mesas de traballo participarán coñecidos profesionais do teatro como Eduardo Alonso, María Armesto, Xesús Ron ou Santi Prego; persoas estudosas do feito teatral como Dolores Vilavedra, Manuel Vieites ou Inma López Silva; e xestores culturais, entre outros moitos nomes.

Comentarios