En streaming

Un concerto de Sés ao alcance de todos e todas

Especialmente dedicado ás persoas que non poden ir aos seus concertos. Así vai ser o concerto que Sés e a súa banda ofrezan na tarde do domingo a través da Rockbox Overdrive Shop da Coruña, aberto a todo o público a través da canle de Youtube.

SES

Sés ofrece este domingo un concerto inusual. E é que retransmitirá a través da internet, en aberto, en directo, e para todo o planeta o seu recital. Farao a través da canle de Youtube da Rockbox Overdrive Shop da Coruña.

Trátase este dun concerto especial, á marxe da xira Tronzar os valos, na que presenta ao longo do país o seu terceiro disco. Polo de agora, con esta xira leva 65 concertos ás costas. E non só na Galiza, tamén pola península e en países Europeos. No seu terceiro disco, Sés mestura as enerxías do rock coa canción de autor de Latinoamérica, en doce temas combativos.

Comentarios