Do 8 ao 11 de novembro

Compostela vira na capital da ilustración

Baixo o mando do gran debuxante Miguelanxo Prado, Compostela tranformarase durante catro xornadas na capital da ilustración. O terceiro Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada comeza esta quinta feira, 8 de novembro, coa achega de máis de 200 artistas.
 

compostela ilustrada 2017
photo_camera Actividade de debuxo nas rúas no Compostela Ilustrada de 2017. Foto: Compostela Ilustrada.

O valenciano Javier Mariscal, a lisboeta Ana Luísa Frazão ou Urumo son algúnas das estrelas do deseño gráfico e a ilustración das últimas décadas que visitarán a cidade. “Son todos eles artistas cun destacadísimo traballo no ámbbito dos cadernos de viaxe e no debuxo urbano”, sinalan desde a organización dun certame apoiada por Concello, Deputación e Consorcio de Santiago.

compostela ilustrada

O III Compostela Ilustrada terá como tema central a natureza urbana. “Os participantes e os ilustradores saíran ás rúas pra debuxar espazos como a Alameda, o parque de San Domingos de Bonaval, o Museo de Historia Natural, o Pazo de San Lourenzo ou o Xardín das Pedras que Falan”, explican. Non por acaso, unha Xornadas de Ilustración Urbana no Auditorio de Galiza o 8 e o 9 de novembro completan a extensa programación.

Porque Compostela Ilustrada acolle actividades do máis diverso. Do mencionado Debuxando nas rúas -“o que ten maior poder de convocatoria”, din os promotores- ás conferencias de Maru Godas -a sexta feira ás 16.30: Debuxar en verdes-; de Alicia Aradilla -o mesmo día ás 17.30: Un ano viaxando e pintando o mundo en acuarela-; ou de Javier Mariscal, o mítico creador de Cobi -o sábado ás 16.00: Sorprender, fascinar, convencer.

Os Obradoiros con Merenda, dirixidos a nenos e nanas de 9 anos en adiante, “ofrecerán a oportunidade de descubrir curiosas técnicas e de debuxar con algúns dos ilustrados convidados no Encontro”. Haberá presentacións de libros, entre eles Valdeorras, do director do encontro Miguelanxo Prado, a quinta feira, 8 de novembro, ás 19.30 horas no Espazo Enocultura Vide Vide, ou Los Garriguis, de Javier Mariscal, a sexta feira, 9 de novembro, na Libraría Couceiro.

As exposicións de Calros Silvar Unha ollada natural -na Galería Sargadelos- e mais O Camiño de Santiago debuxado, de Joaquín González Dorao -no Museo das Peregrinacións-, e o I Premio Compostela Ilustrada -“debuxar Santiago dunha maneira sinxela e rápida durante o encontro”- serán outras das actividades desta 3ª Compostela Ilustrada.

Comentarios