Após o pasamento de Eduardo Galeano a segunda feira, data na que tamén finou o escritor alemán Günter Glass, unha homenaxe popular lembrará este sábado 18 de abril a súa figura e obra en Compostela.
Trátase dunha convocatoria aberta, lanzada de maneira espontánea através das redes sociais e que conta xa con centos de persoas convidadas ás que animan a participar acompañadas de instrumentos ou escritos.
A homenaxe discorrerá por diversos puntos da cidade a comezar pola libraría feminista Lila de Lilith, ás 18h. A seguir continuará no restaurante Rúa e rematará no Ultramarinos.
Galiza foi o último lugar de Europa que visitou o xornalista, escritor e intelectual uruguaio polo que o noso país quere tamén renderlle unha sentida despedida.