Compostela despedirá a Galeano

A capital galega acollerá este sábado 18 unha homenaxe popular ao escritor uruguaio.

Eduardo Galeano

Após o pasamento de Eduardo Galeano a segunda feira, data na que tamén finou o escritor alemán Günter Glass, unha homenaxe popular lembrará este sábado 18 de abril a súa figura e obra en Compostela.

Trátase dunha convocatoria aberta, lanzada de maneira espontánea através das redes sociais e que conta xa con centos de persoas convidadas ás que animan a participar acompañadas de instrumentos ou escritos. 

A homenaxe discorrerá por diversos puntos da cidade a comezar pola libraría feminista Lila de Lilith, ás 18h. A seguir continuará no restaurante Rúa e rematará no Ultramarinos. 

Galiza foi o último lugar de Europa que visitou o xornalista, escritor e intelectual uruguaio polo que o noso país quere tamén renderlle unha sentida despedida.

Comentarios