41 espectáculos, tres estreas absolutas e 12 galegas

Comeza o Festival de Teatro de Carballo, centrado na igualdade

É unha das citas clásicas da escena galega. Esta sexta feira comeza a 27ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. A programación, centrada “na igualdade, no lecer e na incorporación da mocidade ao mundo do teatro”, estenderase ate o 31 de outubro.
 

la tristeza de los ogros
photo_camera Imaxe de 'A tristeza dos ogros', coprodución do Teatro Nacional de Valonia, o Teatre Lliure e o Teatro del Canal. Foto: cedida.

O certame ofrecerá 41 espectáculos. Deles, unha ducia son estreas en Galiza e tres, estreas absolutas. “Nós facemos público, é o noso compromiso; confiamos en que as novas xeracións se vexan representadas e que o FIOT non llles resulta alleo”, explica a organización, “que sexan os nosos followers”.

ProgramaFIOT2018

Para cumprir co obxectivo da renovación xeracional, o festival -que vén de ser distinguido co Premio da Cultura Galega 2018 en Artes Escénicas outogado pola Xunta- incluíu na oferta “espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados 'millennials' ou Xeración Z”. E compañías galegas e mais de Arxentina, Catalunya, Guinea Ecuatorial, Euskadi ou Suíza.

Apertura con La Trócola Circ


La Trócola Circ, valencianos, abrirán o festival este 28 de setembro ás 20.30 horas con Emportats. Na Praza do Concello. Despois inciarase a sección Rúa dos Contos corresponderá a apertura. Será este 28 de setembro ás dez da noite na Cafetaría Colón -o monólogo Contos de contrabando de Avelino González- e á medianoite no Mesón do Pulpo -Como ser armario encaixado, de Marcos Pereiro.

“O obxectivo de Rúa dos Contos é poñer as artes escénicas ao alcance de quen nunca ten asistido a unha función”, di o FIOT, “para asi atopar novos espectadores”. Ao longo do mes, concentradas sobre todo nas fins de semana, haberá actuacións “na rúa, en lugares públicos de lecer e esparexemento”.

Mais o tronco dos contidos do FIOT verase en sala. Concretamente, no Auditorio do Pazo da Cultura. O 7 de outubro será a primeira obra, Future Lovers, da compañía madrileña La Tristura. O 11 do mesmo mes, Crimen y Telón, dos igualmente madrileños Ron Lalá. O 13 de outubro, a Fedra de Pentación Espectáculos.

Play Off de La Joven Compañía, PSS PSS da suíza Compagnia Baccalá, Commedia de Contraproduccións, ou Un enemigo del pueblo, de El Pavón Teatro Kamikaze serán outras propostas que se poderán ver na vila. Haberá ademais a liña OTNI -Obxecto Teatral Non Identificado-, que recolle tres propostas: A tristeza dos ogros -coprodución catalano belga madrileña do Teatro Nacional de Valonia, Teatre Lliure e Teatro del Canal-, Salvador -do galego Borja Fernández- e Wasted -dos cataláns Íntims Produccions.

O FIOT tamén convoca o segundo certame de microteatro Metro Cadrado e, nesta edición número 27, concederá o galardón honorífico Xograr de Outono ao actor e dramaturgo Manuel Lourenzo (O Valadouro, 1943).

Comentarios