Tímpanos medievais da Galiza: Colexiata de Santa María, A Coruña

Se os peregrinos que arribaban a Crunia se dirixían, aínda co recendo do salitre no corpo, á igrexa de Santiago como antesala, e quizá ensaio, da súa próxima chegada á basílica compostelá, os habitantes do burgo, os mestres de naos, mercaderes e mariñeiros, dirixíanse antes de descansar na súa casa ou de rezar en ningunha outra igrexa, á de Santa María do Campo. Compensando esta devoción popular o arcebispo López de Mendoza convértea en Colexiata en 1441. Esta querenza polo templo ao que nos imos achegar por parte dos habitantes da vella Crunia medieval mantense hoxe en día ben sexa por devoción, pola súa beleza ou polo seu elegante emprazamento no alto da Cidade Vella.
Fachada oeste da Igrexa Colexiata de Santa María do Campo, na Cidade Vella da Coruña. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Fachada oeste da Igrexa Colexiata de Santa María do Campo, na Cidade Vella da Coruña. (Foto: Nós Diario)
As portadas, tanto polos temas como polo estilo , podemos identificalas como góticas, de certo que, sendo esta igrexa contemporánea en construción á de Santiago, iconograficamente está máis en…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios